top of page
ANTÓN COUCHEIRO
Home: Bienvenidos
Home: Presentaciones
Un monologuista preséntase no teatro e comeza o show, fala da infancia, do que representa facerse maior, do colexio, dos amigos... Pouco a pouco, vaise decatando de que certos chistes xa non lle fan graza. O espectáculo cambia o tono de stand-up para comezar a deconstruírse, ata un punto no que o propio cómico se cuestiona a súa forma de entender o mundo...
HOME é un espectáculo cómico e feminista, unha crítica mordaz sobre as distintas caras do machismo, unha comedia de xénero dexenerada, un show para rirse e revisarse. Reflexionando con humor sobre a crise actual da identidade masculina, sinala a desorientación ou a virulencia coa que moitos homes parecen reaccionar ante o feminismo.
HOME trata un tema delicado desmontando o propio xénero da comedia, cunha posta en escena sinxela e versátil, que vai do stand-up ao clown, do musical ás marionetas, da parodia ao absurdo, da risa ao drama. Antón Coucheiro, apoiándose nunha cuadrilla de bonecos, encarna a unha serie de personaxes inmaduros, reaccionarios e confusos, ata compoñer unha galería de actitudes micro e macro machistas.
HOME é unha comedia deconstruída e irreverente, un espello no que o público se verá reflectido. Cun sentido do humor directo e arriscado, quere facer rir e dar que pensar, nun momento social absolutamente necesario. Un espectáculo honesto e provocador, polémico e divertido, no que o propio Antón Coucheiro se cuestiona e se burla de sí mesmo.
Home: Presentaciones
idea Antón Coucheiro
produce cou.media
colabora FETEGA
financia AGADIC
direción Gala Martínez Romero-Martín e Walter Velázquez
dramaturxia Walter Velázquez e Antón Coucheiro
textos Diana Varela, J. Luis Prieto, Cata Ukelele, Deny Horror, Antón Coucheiro
canción Pablo Navas
bonecos Roberto Casal
luces Javier Lemus
vestiario Antón Coucheiro
cartaz Fernando Lema
video Tamboura Films
agradecementos
CSC Fontiñas, CSC Figueiras, FETEGA, Charlatana, Pista Catro, Circo9, Sala Ártika, Comedy Club Compostela, A Casa do Taberneiro, Unitaria e Concello do Carballiño, polos espazos e apoios.
David Ledo, Josi Lage, Cristina Carro, Ana Rosa Pavón e Pepe Domínguez polas aportacións na presentación. A Gloria Rúa e Verónica Ramilo polos libros recomendados. A Carlos Ledo, por tanto esforzo, horas de teléfono, ríos de mails e ganas de axudar sempre. A Clara Gayo, Xavi Raga e Natalia “Pajarito” por acudir ao rescate. A Isaac Peter Punk por acollerme na súa casa. A Javi Quintana e Bea pola axuda crucial coas luces na estrea.
A Walter Velázquez, por estar ahi, non chegaría sen a túa axuda.
E a Mónica Paradela, vai por ti, por escoitarme e por aturarme tantísimo.
Home: Horarios de atención
Home: Imagen
bottom of page