Germán Serra é un verdadeiro monstro. Coñecido coma o Artista do Cúter, deixou tras de sí un regueiro de asasinatos e pezas de arte con cadáveres que o fixeron famoso. Despois de dez anos en prisión, accedeu a realizar unha serie de performances organizadas por Institucións Penitenciarias para reducir a súa condena. Leva unha década sen matar, pero hoxe pode ser diferente...
Psicópata é unha comedia negra sobre a falta de empatía, sobre o ascenso ao poder dos que non teñen escrúpulos e sobre o propio lado escuro que todos levamos dentro.
Suspense, interactuación co público, vídeo, cancións, humor gráfico, playmobils, dj, maxia, provocación, efectos especiais, algo de terror e sobre todo humor negro, todo iso é Psicópata.
Escrita: Manuel Cortés e Antón Coucheiro Intérpretes: Antón Coucheiro e Túlio Flávio
Dirección: Manuel Cortés e Simone Negrín Colabora: Marcos PTT Carballido
Música: Túlio Flávio e Jose Díaz Luces: Fidel Vázquez Vestiario: Clotilde Vaello
Deseños: Leandro Barea Fotos e cartel: Fernando Lema
Video: Gael Herrera FX: Ricardo Spencer
Xestión e distribución: Marta Horjales La Yogurtera S.L.
Este espectáculo montouse no Teatro Principal da Estrada e na Regadeira de Adela
Estreouse no FIOT Carballo, o 11 de Outubro do 2014, coa axuda do AGADIC.
Moitas grazas a:
José Coucheiro, María Alejandra Gómez, Natalia Outeiro Pajarito, Jano Costas, Manuel Lago, Cayetano Lledó, Xoque Carbajal, Alfonso Medina, Jose Perozo, Luis Alberto Rodríguez, Xosé Lueiro, Anxo Rodríguez, Circo Nove, Bar Embora, Álvaro Fitinho, Belém Brandido, Marcos PTT de novo.
E moitísimas grazas a:
Laura Mandarina Muñoz.