Smart Clown Antón Coucheiro

Smart Clown Antón Coucheiro. Como un teléfono intelixente pode convertirte nun idiota
Posted by SMART CLOWN Como un teléfono intelixente pode convertirte nun idiota on Domingo, 27 de Marzo de 2016

COMEZA A CAMPAÑA DE VERKAMI DE SMART CLOWN
calendario
sold
out
Calendario Smart
Agosto 2015
Primeiras reunións do equipo
O director, as pallasas e o equipo técnico xúntanse para abordar o proxecto
Realización do video promocional
Guión técnico do director , grabación e edición do video con VEMO.TV.
Setembro-Outubro 2015
Primeira fase dos ensaios Smart
As tres pallasas xúntanse co director para comezar a crear material.
Novembro 2015
Pitching Galicia Escena Pro
Pajarito presenta o video promocional e o proxecto ante programadores da feira de Galicia Escena Pro.
Dramaturxia
O director, de xira por Latinoamérica, traballa na dramaturxa do espectáculo co material creado na primeira fase de ensaios. Grazas Hernán Gené polos consellos e ao ClownEncuentro de Bogotá polo apoio!
Decembro 2015
Pre-producción
Adiantos nos traballos de escenografía, video-mapping, espazo sonoro e vestiario para que estén listos para o inicio da segunda fase de ensaios.
Xaneiro 2016
Ensaios segunda fase
No Centro Sociocultural de Fontiñas, comeza a segunda fase dos ensaios de Smart, cunha sustitución no proxecto: Laura "Mandarina" Muñoz ten que deixarnos, pero no seu lugar dámoslle a benvida a Akira Valero. Con Laura, seguimos colaborando, con Akira, comezamos cos ensaios de creación a tope! Na primeira semana, con propostas escénicas das tres pallasas, o director acaba de darlle forma á dramaturxia do espectáculo.
Febreiro 2016
Ensaios segunda fase
Seguimos en Fontiñas creando o espectáculo. A construcción da escenografía, as composicións musicais de Túlio, asesoramento vocal con Mónica de Nut, o traballo de vestiario de Olalla Tesouro, as axudas na produción de Eva Trinhanes... a cousa xa está en marcha!
Marzo2016
Montaxe
En residencia tres semanas no Auditorio do Concello de Negreira. Os ensaios finais, os nervios, montaxe, pases xerais do espectáculo e moi agradecidas ao persoal de Negreira pola súa axuda e acollida!
18 marzo pre-estrea en Negreira
A pre-estrea foi un éxito! Aínda que foi sen os 10 minutos do espectáculo e con algún video que aínda hai que posproducir e arranxar, a acollida en Negreira foi xenial! Listas para a derradeira fase!
Abril 2016
Campaña de Verkami
O proxecto crece e faise maior! Os gastos dispáranse, lanzamos unha campaña de crowfunding para o financiamento. Bótanos unha man, visita a nosa páxina de Verkami, hai suculentas recompensas!
Maio2016
18 maio Teatro Principal Santiago Estrea Oficial
Por fin estreamos completamente! Non te quedes sen entrada!
Xuño2016
Primeiros bolos e distribución
o 5 de xuño no Auditorio de Vilagarcía e entre o 6 e o 9 de xuño na Feira de Teatro de Galicia comeza a nosa campaña de distribución do espectáculo, cos nosos amigos de CULTURACTIVA, empeza a xira mundial de SMART!